O Tempo
Empresa: Filloa Dev Tamaño: 1.79 MB Versión: 1.4 Tipo de app: iPhone / iPod Touch |
Descripción
O Tempo para iOS permite consultar a predición meteorolóxica para Galicia. Accede dende o teu dispositivo aos datos de meteogalicia só con mover un dedo. Consulta o tempo na túa localidade ou a predición xeral sobre o mapa. Comproba o tempo que vai na túa praia. Revisa as últimas alertas meteorolóxicas.
Características:
• Recibe a temperatura da túa localidade no icono da aplicación, mentres está pechada. A temperatura está medida cada 10 minutos.
• Consulta a información en tempo real e as predicións a catro días na localidade máis próxima con GPS* ou selecciona unha das 18 localidades ofrecidas por Meteogalicia.
• Consulta os mapas de predicción xeral para mañá e tarde dos días de hoxe, mañá e pasado.
• Comparte as predicións, alertas, e estado actual do tempo a través de Twitter, Facebook ou por email.
• Consulta a predición meteorolóxica para a praia máis próxima con GPS* ou selecciona unha de entre as praias ofrecidas por Meteogalicia.
• Localiza as praias no mapa grazas ás súas coordeadas.
• Obtén as indicacións para chegar á praia con Mapas ou TomTom.
• Comproba as alertas ofrecidas polo servizo de adversos meteorolóxicos de Meteogalicia.
• Accede a toda a información ofrecida por meteogalicia directamente dende a súa páxina web.
Aplicación desenvolvida por Víctor Pena e Esteban Bouza. Se queres máis información, visita filloadev.com
*: precisa do servizo de localización de iOS.